Como se ven facendo desde fai varios anos, hoxe no Museo Etnográfico de Quiroga constituiuse o comité de análise organoléptico da marca xenérica “Aceite de Quiroga”, integrado por participantes en diversas actividades de formación, co fin de avaliar as mostras dos aceites de oliva de Quiroga que concurrirán a edición do 2016 da “Feira do Aceite de Quiroga” prevista para o vindeiro 8 de maio.

É de salientar a singularidade dos aceites presentados que este ano destacan polo seu carácter frutal de maduración incipiente, doce inicial que evoluciona en boca moderadamente amargo e picante, constatando a ausencia de defectos.

Entre os integrantes do panel comentouse a conveniencia da constitución de unha asociación con fines promocionais e de difusión na que teña cabida a representación de todos os sectores con interese no coñecemento obxetivo aceite e da tecnoloxía que contribúa ao mantenemento e mellora da sua calidade, sectores que abarcará, incluindo o científico – tecnolóxico e comercial, desde o productor ou fabricante ata o usuario e consumidor final.


Publicado el

por

en la categoría

,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *