A Asociación Terra Rendible de Narón organiza para o vindeiro 18 de xullo unha charla-coloquio que, baixo o título «oliveiras en narón?«, abordan a potencial viabilidade da olivicultura como alternativa de aproveitamento sostible de diversas parcela da comarca.

Corre a cargo dos investigadores de Quiroga José Espinosa Sánchez, biólogo, e Pedro Murias Martínez, veterinario, que centrarán a súa intervención na determinación da adecuación das condicións ambientais para o desenrolo e fructificación de oliveiras nunha mostra de parcelas potencialmente dispoñibles, así como a tipoloxía de aceites virxen extra as que se pode optar para a súa producción.

O evento terá lugar en Narón o vindeiro 18 de xullo diante do centro cívico social do val, a partir das 11 horas, incluindo unha degustación de duas tipoloxías de aceite de oliva virxen extra de oliveiras da comarca de quiroga.

Para a asistencia, debido ás circunstancia actuáis e previsións, prégase a inscripción previa a través de «terrarendible@gmail.com».


Publicado el

por

en la categoría

,

Etiquetas:


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *